|  | | | Os Bandiden Texto: Siri Kolu
Vilja marcha de vacacións á casa da súa avoa cos pais e coa irmá. De súpeto, unha furgoneta interrompe o seu paso e a protagonista é secuestrada. Os seus raptores son os Bandiden, unha familia de estrafalarios ladróns de lambetadas, botín que eles prefiren antes cós cartos, xa que non saberían que facer con eles.
A rapaza pasará o verán máis emocionante da súa vida con eles, durmindo ó aire libre e gozando de grandes enchentes de doces. Así descubrirá outro tipo de familia e outra forma de vivir, máis anárquica ca convencional.
Con ilustracións de Tuuli Juusela.
Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.
Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018. |
N° Páxinas: 216 Encadernación: Rústica con lapelas ISBN: 978-84-16884-18-6 PVP: 16.00 € Tradución de Moisés Barcia
| |  |
|
|
|
|