QUEN SOMOS


Rinoceronte Servizos Editoriais é unha empresa dedicada á prestación de servizos á edición, fundamentalmente todos aqueles que xiran ao redor da lingua galega.


Rinoceronte SE nútrese da experiencia na edición comercial de ficción iniciada por Rinoceronte Editora e especialízase nos ámbitos cultural e didáctico-pedagóxico.


O persoal de Rinoceronte SE está formado en Filoloxías e en Tradución, e goza dun dominio amplo da normativa vixente da lingua galega.


A empresa conta con todos os medios técnicos precisos para desempeñar o noso labor da forma máis adecuada (sistemas Mac, Linux e Windows, ferramentas informáticas de edición e tradución, bibliografía de referencia) e dispón dun espazo agradable e luminoso no que facelo a gusto.