Política de privacidade

Política de privacidade

1.- TRATAMENTO DE DATOS

RINOCERONTE EDITORA S.L.U., con CIF: B36501880, informa a través da súa páxina web, www.rinoceronte.gal, sobre a súa política de privacidade con respecto ao tratamento e á protección dos datos de carácter persoal de calquera titular co que manteña unha relación na que se requira do tratamento dos seus datos.

As operacións, xestións e procedementos técnicos que se realicen de forma automatizada ou non automatizada e que posibiliten a recollida, o almacenamento, a modificación, a transferencia e outras accións sobre datos de carácter persoal, teñen a consideración de tratamento de datos persoais, sen prexuízo do que se indica no apartado 4 desta política.

2.- LEXITIMACIÓN DO TRATAMENTO

A base da lexitimación do tratamento de datos persoais será a que resulte da relación contractual ou precontractual, laboral ou calquera outra que se requira, para o tratamento de datos tales como o consentimento expreso.

3.- COMUNICACIÓNS ELECTRÓNICAS

  • No caso de recibir comunicacións a través destes medios (correos electrónicos, mensaxes de resposta automatizada de formularios e outros sistemas de comunicación), informámolo de que as mensaxes se dirixen exclusivamente ao seu destinatario e poden conter información privilexiada ou confidencial. Se non é vostede o destinatario indicado, queda notificado de que a utilización, a divulgación e/ou a copia sen autorización está prohibida en virtude da lexislación vixente.
  • De conformidade co establecido na Lei 34/2002, do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, e mais na Directiva 2002/58/CE, comunicámoslle que, no suposto de que non desexe recibir nin comunicacións nin informacións de índole comercial mediante este sistema de comunicación electrónica, nolo indique a través desta mesma vía, especificando no asunto “BAIXA COMUNICACIÓNS COMERCIAIS”, co gallo de que os seus datos persoais sexan dados de baixa da nosa base de datos. A súa solicitude será accionada nun prazo de 10 días desde o seu envío. No caso de que non recibamos unha contestación expresa pola súa parte, entenderemos que acepta e autoriza que a nosa empresa continúe realizando as devanditas comunicacións.

4.- RESPONSABLES DE TRATAMENTO:

En cumprimento coa lexislación vixente en Protección de Datos, indicámoslle que os datos persoais que vostede nos facilite de forma voluntaria, a través de calquera dos nosos medios de recollida de información, serán incorporados a tratamentos automatizados e/ou manuais, dos cales RINOCERONTE EDITORA S.L.U. será responsable. Os datos non se cederán a terceiros, agás nos casos en que exista unha obriga legal.

Do mesmo xeito, declara e garante que mantén os niveis de seguridade para a protección de datos persoais, conforme dispón a lexislación vixente, e que estableceu todos os medios técnicos ao seu alcance para evitar a perda, o mal uso, a alteración, o acceso non autorizado e o roubo dos datos facilitados polos interesados, e tamén para que os seus empregados observen as devanditas prescricións, así como o deber de segredo sobre os datos que son obxecto desta protección e das demais obrigas de confidencialidade vixentes.

Os datos serán conservados mentres dure a relación que xera o antedito tratamento ou durante os anos necesarios para o cumprimento das obrigas legais. Unha vez que finalizase a relación que xustifica o tratamento dos datos, estes quedarán bloqueados conforme ao que dispón a normativa, e cando transcorrese o prazo legamente establecido, serán eliminados (ver en cada finalidade o prazo de conservación).

A normativa de protección de datos confírelle os seguintes dereitos ao titular dos datos persoais:

  • Dereito a revogar calquera consentimento prestado previamente.
  • Dereito de acceso: coñecer que tipo de datos se están tratando e as características do tratamento que se leva a cabo.
  • Dereito de rectificación: poder solicitar a modificación dos datos que sexan inexactos ou veraces.
  • Dereito de portabilidade: poder obter unha copia en formato interoperable dos datos que se están a tratar.
  • Dereito á limitación do tratamento nos casos en que non o considere necesario.
  • Dereito de cancelación: solicitar o cesamento do tratamento dos datos e a súa supresión cando xa non sexa necesaria a súa conservación.
  • Dereito a interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos: c/ Jorge Juan, 6 28001 – Madrid – FAX:  914483680 – TLFNO.: 901 100 099 – E-mail: ciudadano@agpd.es
  • Se desexa máis información a respecto do tratamento dos seus datos, rectificar aqueles que sexan inexactos, opoñerse e/ou limitar algún tratamento que considere non necesario, ou ben solicitar a cancelación do tratamento cando os datos xa non sexan precisos, pode dirixirse por escrito (acreditando sempre a súa identidade) a: RINOCERONTE EDITORA S.L.U. en AVENIDA DE LUGO, 15, 36940 – CANGAS DO MORRAZO (PONTEVEDRA), oy mediante correo electrónico a: info@rinoceronte.gal.
    • A devantida comunicación deberá reflectir a seguinte información: nome e apelidos do usuario, a petición de solicitude, o enderezo e os datos acreditativos.
    • O exercicio dos dereitos deberá ser realizado polo propio usuario. Non obstante, tamén poderán ser executados por unha persoa autorizada en calidade de representante legal. En tal caso, deberase achegar a documentación que acredite esta representación do interesado.

FINALIDADES DOS TRATAMENTOS DE DATOS:

  • Detallamos a continuación as finalidades dos tratamentos de datos levados a cabo por algún ou por todos os Responsables de Tratamento que se enumeraron anteriormente:
    • XESTIÓN LABORAL: Xestión da relación laboral cos empregados; tratamento dos datos necesarios para o mantemento da relación laboral: xestión de nóminas, formación… Os datos proporcionados conservaranse durante os prazos previstos pola lexislación fiscal e laboral, así como os requiridos para o cumprimento das obrigas legais.
    • XESTIÓN FISCAL CONTABLE: Xestión dos datos necesarios para o cumprimento das obrigas fiscais e contables da empresa. Os datos conservaranse durante os prazos previstos pola lexislación fiscal.
    • XESTIÓN DE CLIENTES: Poder prestar os servizos contratados e facturalos. Os datos proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial, ou ben durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais.
    • XESTIÓN DE POSIBLES CLIENTES: Xestión dos datos necesarios dos clientes para poder enviarlles publicidade relacionada cos nosos produtos e servizos a través de calquera medio dispoñible, enviar orzamentos de servizos e/ou produtos e convidalos a eventos do seu interese. Os datos proporcionados conservaranse mentres non se solicite o cesamento do devandito tratamento.