SIR GAWAIN E O CABALEIRO VERDE

TRADUCIÓN DO INGLÉS MEDIO E INTRODUCIÓN DE JORGE L. BUENO ALONSO

Sir Gawain, cabaleiro da Táboa Redonda, acepta o reto do Cabaleiro Verde, que desafía a calquera a batelo a cambio de entregarlle o seu machado para que cumpra con el a súa vontade. Así comeza un dos mellores e máis coñecidos relatos artúricos, que data de finais do século XIV, e que recolle o tema da decapitación, central na mitoloxía celta, así como elementos do seu tempo, como a peste negra.

De autor descoñecido, Sir Gawain e o cabaleiro verde é un dos poemas medievais máis destacados da literatura en lingua inglesa, ata o punto de fascinar ao propio J.R.R. Tolkien, quen se encargou de editar o manuscrito.

Esta edición vai precedida dunha introdución a cargo do tradutor, Jorge L. Bueno, na que se explican as peculiaridades desta obra.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

ISBN: 978-84-92866-57-1
Nº páxinas: 160
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 16 €