Seda

TRADUCIÓN DO ITALIANO DE MARÍA CRISTINA GONZÁLEZ PIÑEIRO

“Un bo día, un amigo contoume que un devanceiro seu tiña un oficio un tanto estraño. Partía unha vez ao ano, cruzaba o mundo, meses despois chegaba a Xapón, compraba ovos de vermes da seda, regresaba a Italia e vendíaos. O resto do ano descansaba. Estabamos esquiando cando me contou esta historia. Detívenme, saquei os esquís e comecei a pensar e a lle dar voltas, e non parei de facelo ata que escribín a última páxina.”

Así explica o autor a xénese do seu relato. Influenciado por Céline, Salinger, McEnroe, Stanley Kubrick, Walt Disney, Liberatore…, Alessandro Baricco é o escritor italiano vivo máis internacional. “Sedaé unha historia antes de ser un libro. É, sobre todo, unha historia. E ás historias esváranlles as fronteiras”.

Podes visualizar aquí a guía de lectura.

ISBN: 978-84-934801-1-0
Nº páxinas: 114
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 9,90 €