Pyongyang

TRADUCIÓN DO FRANCÉS DE BELÉN POUTÓN

Pyongyang ofrece unha ollada persoal, intelixente e irónica sobre un dos países máis herméticos e tiránicos do mundo: Corea do Norte. O traballo de Guy Delisle nun estudio de animación lévao a vivir experiencias que só alí poden ser cotiás: moverse baixo constante vixilancia, iniciar debates estériles sobre a liberdade ou converterse facilmente en alguén “contrarrevolucionario”.

Unha testemuña de luxo para retratar como cobra vida a distopía de Orwell en 1984, nunha sociedade submisa rendida á propaganda frenética dun poder paranoico.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

ISBN: 978-84-92866-96-0
Nº páxinas: 184
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 160 x 230 mm
PVP: 18 €