Produtos da civilización perfeccionada. (I. Máximas e pensamentos. Pequenos diálogos filosóficos)

TRADUCIÓN DO FRANCÉS DE RAÚL GÓMEZ PATO

Esta obra de finais do século XVIII é a máis célebre de Nicolas Chamfort, que nos ofrece aquí unha visión desapaixonada e lúcida da Revolución Francesa e da época que lle tocou vivir. Este agudo, brillante, e por veces, cínico, enciclopedista non deixou de criticar os excesos da Revolución, malia ser partidario dela, e opúxose ferventemente ao Terror, polo que foi encarcerado. Un conxunto de máximas, sentenzas e anécdotas sobre multitude de temas, que aínda hoxe seguen vixentes.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2016.

ISBN: 978-84-92866-81-6
Nº páxinas: 210
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 18 €