Opinións dun pallaso

TRADUCIÓN DO ALEMÁN DE LAUREANO XOAQUÍN ARAUJO CARDALDA

Hans Schnier, o pallaso que non precisa subir a un escenario para dicir a súa verdade, por embarazosa que sexa, relembra a súa vida e reflexiona sobre ela con humor, tenrura e desesperación, tecendo un relato sobre a memoria ambientado nunha Alemaña deshumanizada, inxusta, hipócrita e conformista, empeñada en esquecer a miseria moral do pasado.

Cunha voz que está, sen dúbida, entre as máis potentes da literatura contemporánea, o pallaso que colecciona momentos sofre por un amor perdido mentres proclama que “o segredo do terror está no detalle”.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

 

ISBN: 978-84-92866-98-4
Nº páxinas: 302
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 17 €