O tradutor cleptómano

TRADUCIÓN DO HÚNGARO DE JAIRO DORADO CADILLA

Dotado dun fino humor negro, dunha curiosa retranca e mais dunha forte imaxinación, os relatos de Kosztolányi chegan a ser universais partindo do local. Describe a vida centroeuropea de entreguerras, de burgueses e soñadores, cun filtro acedo, crítico e cruel pero tamén
dun xeito atemporal, facendo das cousas máis cotiás e das historias máis incríbeis unha alegoría dos caracteres de todos os seres humanos.
Os seus relatos mostran o lado máis humano pero tamén máis escuro de todos nós, de todo o que devecemos –ou tememos– ser,
da deshumanización e da tenrura, dos medos, soños, aspiracións dende unha óptica fortemente surrealista.

 

 

ISBN: 978-84-936413-6-8
Nº páxinas: 102
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 142 x 230 mm
PVP: 14 €