O sentido dun final

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE XESÚS FRAGA

Tony Webster e os seus amigos coñeceron no colexio a Adrian Finn e axiña quedaron cativados polo seu enxeño e a súa profundidade filosófica. Eran días nos que o tempo semellara detido e os inmobilizara nunha burbulla inflamada co seu desexo de acceder á vida adulta para gozala segundo os ditados da súa imaxinación, alimentada de soños e lecturas. A vida conduciunos por camiños tan diverxentes ata converter en imposible a promesa de amizade eterna que se fixeran ao saír do colexio. A Tony, a vida deulle unha existencia pacífica e convencional, na que as arelas aventureiras da xuventude deron paso á conformidade e un plácido retiro. Pero a chegada inesperada dunha carta obrigarao a revisar o seu pasado e cuestionarse se a versión que se contou a si mesmo durante tantos anos non é tan fiel aos feitos como el cría.

O sentido dun final é un incisivo exame das zonas de sombra da memoria e a fraxilidade das aspiracións, do valor da amizade e do compromiso, ademais da impredecible natureza do amor e os afectos, a cargo dun inesquecible personaxe.

ISBN: 978-84-92866-42-7
Nº páxinas: 164
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 16,90 €