O maletín do mestre

TRADUCIÓN DO XAPONÉS DE MONA IMAI

Dous personaxes solitarios, Tsukiko de 38 anos, e o seu antigo mestre, Harutsuna, que case lle duplica a idade, atópanse casualmente nunha taberna. O azar convértese en costume e así, entre grolos de sake e festíns gastronómicos, comeza unha curiosa relación entre a muller solteira, que xa abandonara calquera expectativa relativa ao amor, e o viúvo. Nestes encontros descubrimos as esperanzas que cada un deles depositara na vida e o que esta lles depara.

Cunha prosa sutil, a autora vai conformando un relato conmovedor, cheo de tenrura e beleza.

 

 

ISBN: 978-84-92866-41-0
Nº páxinas: 194
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 18 €