Contos da era do jazz

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE RAFAEL SALGUEIRO

O jazz é a música que sempre soa de fondo nas novelas e relatos de Francis Scott Fitzgerald. É o ritmo dos decadentes anos 1920, unha época que o autor definiu como a Era do Jazz. Nesta atmosfera móvense os heroes e as heroínas dos seus relatos, seres que destacan pola súa atractiva personalidade e por estaren absolutamente condenados. Son personaxes que, antes de apagarse para sempre, refulxen por un intre con grande intensidade.

Dono dunha prosa exquisita e dun estilo sedoso, Fitzgerald escribiu máis de 150 contos ao longo de toda a súa vida, pero unicamente reuniu
en forma de libro unha terceira parte deles. Este volume inclúe relatos como “O curioso caso de Benjamin Button”, que coñeceu no ano 2008 unha versión cinematográfica dirixida por David Fincher, e tamén o que está considerado como o seu mellor conto: “O diamante tan grande coma o Ritz”.

ISBN: 978-84-92866-20-5
Nº páxinas: 304
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 216 mm
PVP: 20,50 €