A casa de Mango Street

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE ALICIA MELÉNDEZ SOUSA

A casa de Mango Street é una historia colectiva e metafórica formada por 44 contiños conectados entre si polo punto de vista da súa narradora e protagonista, unha nena que vive nun humilde barrio hispano de Chicago. Esperanza esperta á adolescencia sentindo que non pertence, ou non quere pertencer, ao mundo que a arrodea, e soña con poder ser a dona da súa vida e do seu futuro.

A través dun estilo fugaz e directo, definido pola autora como “antipoético”, A casa de Mango Street, describe con breves pinceladas a situación socioeconómica da muller chicana nos Estados Unidos. Considerada xa un clásico da novela de aprendizaxe, expón temas coma a inmigración, a pobreza, o machismo, ou a desigualdade entre os sexos cun lirismo e unha proximidade que fan imposible que o lector non se sinta identificado cunha obra que descobre ata que punto os nosos medos e os nosos desexos son universais.

Podes visualizar aquí a guía de lectura.

ISBN: 978-84-936101-9-7
Nº páxinas: 104
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 14 €