S

Aquí podes atopar todos os autores do noso fondo vivo por orde alfabética.

Atopa o teu autor favorito

Podes buscar por nome...

Joe Sacco (Malta, 1960) graduouse en Xornalismo na universidade de Oregón. A súa novela gráficaPalestina, sobre os Territorios Ocupados, gañou o American Book Award en 1996. Máis tarde, conGoražde, zona segura, sobre Bosnia, foi galardoado co Will Eisner por Mellor Novela Gráfica Orixinal en 2001. Sacco tamén

Luciano de Samósata naceu arredor do ano 120 da nosa era na cidade comercial de Samósata, á beira do río Éufrates. Viviu nunha época dourada do Imperio romano, tanto no que respecta á paz e prosperidade comercial, como no eido da cultura. Luciano foi contemporáneo do emperador Marco Aurelio e do novelista latino

Marjane Satrapi (Rasht, Irán, 1969) medrou nunha familia liberal. Coa caída do Shah e a revolución islamista, foi enviada a Viena para estudar no Liceo Francés. Á súa volta, licenciouse en Comunicación Visual. Marchou a Estrasburgo e posteriormente a París, onde vive actualmente e onde comezou a publicar. A

Branimir Šćepanović (1937) está considerado como un dos grandes autores da literatura serbia contemporánea. Entre as súas novelas destacan O verán da vergonza (2008) e A morte do señor Goluja(1978) levada ao cine baixo o título Julian Po. Šćepanović tamén é o autor dos guións cinematográficos das

Ousmane Sembène (1923-2007) figura entre os grandes nomes da literatura e o cine africano. Naceu en Senegal, loitou en Europa durante a II Guerra Mundial e posteriormente traballou en Francia como mecánico, estibador e albanel nos anos 50. Nesa época comezou a súa actividade política como militante comunista e publicou

Mary Ann Shaffer (1934 – 2008) foi unha escritora, editora e libreira estadounidense. A súa primeira novela, A Sociedade Literaria e do Pastel de Pel de Pataca de Guernsey, obtivo un grande éxito. Pola súa banda, Annie Barrows (California, 1962) é autora da serie infantil Ivy and Bean, así como de The Magic Half,

Sigurjón Birgir Sigurðsson (Reykjavík,1962), máis coñecido polo sobrenome de Sjón, é un dos autores máis coñecidos e consagrados da literatura islandesa contemporánea. Polifacético e multidisciplinar, comezou a súa carreira literaria co libro de poemas Sýnir (‘Visións’) aos 16 anos e foi un

Aleksandr Solzhenitsyn (1918-2008), Premio Nobel de Literatura en 1970, foi un dos escritores rusos clave do século XX. De orixe humilde, na súa mocidade non cuestionou a ideoloxía soviética. Serviu como oficial do Exército Vermello, ata que foi arrestado en febreiro de 1945 por criticar a Stalin nalgunhas das

Art Spiegelman é editor e artista para o New Yorker, así como cofundador e editor da revista de cómic de vangarda Raw. Os seus debuxos exhíbense en museos e galerías de todo o mundo. Por Maus recibiu numerosos e prestixiosos premios, como o Pulitzer ou o Eisner. Vive en Nova York.

De verdadeiro nome Aron Hector Schmitz, Italo Svevo naceu en Trieste en 1861, cando a cidade pertencía ó imperio austrohúngaro. En 1892 publicou a súa primeira novela, titulada Unha vida. Tras casar cunha prima súa en 1896, comezou a colaborar en distintos xornais, e publicou por entregas nun deles a súa

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029