Os nosos autores

Aquí podes atopar todos os autores do noso fondo vivo por orde alfabética.

Atopa o teu autor favorito

Podes buscar por nome...

Carson McCullers (Columbus, Georgia 1917 – Nyack, Nova York 1967) é considerada unha das voces máis importantes da literatura norteamericana do século XX. Con 22 anos escribe a súa primeira novela, The heart is a lonely hunter, que é tamén a súa obra máis coñecida e que, canda Reflections in a

Caitlin Moran (Brighton, 1975) é a maior de oito irmáns e comeza a ler libros feministas para demostrarlle cientificamente ao seu irmán Eddie que é superior a el. Aos quince anos escribe o seu primeiro libro e fai os seus primeiros amigos; aos dezaseis anos comeza a traballar na redacción da revista Melody Maker

Christopher Morley naceu en 1890 en Bryn Mawr (Pensilvania). O seu pai era profesor de matemáticas e a súa nai, unha violinista que lle inculcou o amor pola literatura e a poesía. Morley comezou a escribir na universidade, colaborando no seu xornal e creando guións para o obradoiro de teatro. Publicou

Natsume Soseki, pseudónimo literario de Natsume Kinnosuke, naceu en 1867 no seo dunha familia de samurais en decadencia. Cando tiña dous anos, os seus pais dérono en adopción a un dos seus serventes. Estudou lingua inglesa na Universidade de Toquio e tras graduarse comezou a traballar como mestre. En 1900 estableceuse

Flann O’Brien é un dos moitos pseudónimos empregados por Brian O’Nolan, autor irlandés nacido no ano 1911 en Strabane, condado de Tyrone. Estudou literatura celta en Dublín e escribiu columnas para varios xornais, tanto en inglés como en irlandés, baixo varios heterónimos, como, por exemplo, Myles na gCopaleen,

Sofi Oksanen (Jyväskylä, Finlandia, 1977) estudou arte dramática na Academia de Teatro de Helsinki. Debutou en literatura con As vacas de Stalin e Baby Jane, dúas novelas que obtiveron un sonoro éxito no seu país. A súa carreira adquiriu dimensión internacional grazas a Purga, unha historia concibida inicialmente como

Kristín Ómarsdóttir (Reykjavík, 1962) estudou literatura e español na Universidade de Islandia. Actualmente vive na capital islandesa. Ómarsdóttir toca todos os xéneros literarios. Comezou publicando poesía en 1987 con Í húsinu okkar er floka e cinco anos despois publicaría a súa primeira novela, Svartir brú›arkjó

Publio Ovidio Nasón (Sulmona, actual Italia, 43 a.C. – Tomis, actual Constanza, 17 d.C.) foi un poeta latino. Educado nas artes da política, estudou en Roma e completou a súa formación en diversas cidades do mundo grego, pero abandonou a política para dedicarse por completo á poesía, tras herdar

Arto Paasilinna (Kittilä, Finlandia, 1942) foi gardabosques, xornalista e poeta antes de converterse en novelista de culto no seu país, onde cada novo libro seu (xa máis de trinta) se vende por milleiros. A súa escrita, limpa e precisa, ten a capacidade de contar de forma cómica as historias máis

Cesare Pavese (1908-1950) foi un dos autores italianos máis importantes do século XX. Nado nunha familia pequeno burguesa de orixe labrega, tivo entre os seus mestres a Augusto Monti, figura do ambiente antifascista turinés e amigo de Antonio Gramsci. Licenciouse cunha tese sobre Walt Whitman, e traduciu entre outros a Melville,

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029