Os nosos autores

Aquí podes atopar todos os autores do noso fondo vivo por orde alfabética.

Atopa o teu autor favorito

Podes buscar por nome...

Francis Scott Fitzgerald (1896-1940) é un dos integrantes da chamada Xeración Perdida americana, da que tamén forman parte novelistas como William Faulkner, John Steinbeck e Ernest Hemingway. En 1917 Fitzgerald enrolouse no exército, onde escribiu Neste lado do paraíso (1920), novela que o faría millonario. A súa vida estivo

Helen Garner naceu en 1942 en Geelong (Australia). Despois de estudar na Universidade de Melbourne exerceu a docencia no ensino secundario ata 1972, cando a despediron por contestar as preguntas do seu alumnado no referente ao sexo. Daquela comezou a traballar como redactora para gañar a vida. A súa primeira novela, Monkey Grip (

Mark Haddon (Northampton, Reino Unido, 1963), vive en Oxford e é escritor, ilustrador e guionista. Licenciado en Literatura Inglesa e autor de quince libros para nenos, gañou dúas veces os prestixiosos premios BAFTA da Academia Inglesa de Cine e Televisión. Haddon traballou durante un tempo con persoas que padecían discapacidades físicas

Fleur Jaeggy (Zürich, 1940) pasou a súa infancia e adolescencia nunha sucesión de internados femininos entre Suíza e Roma. En 1968 instálase en Milán e publica a súa primeira novela Il dito in bocca. Agás a súa brillante incursión no teatro con Un tram che

Vladímir Kaminer (Moscova, 1967) chegou en 1990 a Berlín –daquela, aínda a capital da RDA–, onde recibiu “asilo humanitario”, e esta cidade converteuse na súa nova patria. Formado como enxeñeiro de son para o teatro e a radio, e despois como dramatugo no Instituto de Teatro de Moscova, durante bastantes

O escritor e pensador de orixe xudía André Kaminski (Xenebra, 1923) doutorouse en Filosofía, foi guionista de televisión, autor de pezas de teatro e reporteiro. Ademais de ser un estudoso da historia da igrexa, escribiu as novelas Kith e Kin, O ano que vén en Xerusalén e Kiebitz, onde narra

Konstantinos Petrou Kavafis naceu e morreu en Alexandría (Exipto), cidade da que só se ausentou durante dúas estancias en Inglaterra e en Constantinopla. Visitou Grecia só en dúas ocasións, mais Grecia foi, de certo, a patria do seu corazón, e o grego, a súa lingua poética. Pode dicirse

Hiromi Kawakami (Toquio, 1958) é unha das escritoras máis populares e respectadas do seu país, amais de crítica literaria e ensaísta. Formada no eido das ciencias, a súa vida como profesora de Bioloxía mudou a partir da publicación do seu primeiro libro en 1994: unha colección de relatos

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029