Os nosos autores

Aquí podes atopar todos os autores do noso fondo vivo por orde alfabética.

Atopa o teu autor favorito

Podes buscar por nome...

Karel Čapek (Malé Svetonovice, 1890 – Praga 1938) é un dos escritores checos máis sobranceiros do século XX. Tras estudar filosofía en Praga, Berlín e París, empezou traballando como bibliotecario e educador dun conde, para despois consagrarse á súa carreira de xornalista, escritor, dramaturgo e incluso director de teatro. A súa

Nicolas Chamfort (Clermont-Ferrand, 1740-París, 1794) iniciou a súa carreira literaria na poesía e na comedia, representando algunhas das súas obras en varios países europeos, e formou parte da Academia Francesa a partir de 1781. En 1788 emprende a súa carreira política aliándose á causa revolucionaria. Debido á

Carlo Maria Cipolla (1922-2000) foi un historiador da economía italiano. Nacido en Pavía, e graduado na Universidade desa mesma cidade, aos 27 anos deu comezo a unha longa carreira académica en Italia que o levaría ao posto de catedrático na Universidade de California en Berkeley, e a ser admitido

Sandra Cisneros naceu en Chicago en 1954, sendo a menor de sete irmáns homes. Na actualidade está considerada a mellor narradora chicana contemporánea, e o seu papel na literatura feminista é incuestionable. Comprometida de maneira destacada cos máis desfavorecidos do seu país e, por encima de todo, coa situación das mulleres,

Philippe Claudel naceu en 1962 en Dombasle-sur-Meuthe (Francia). No seu labor como docente, impartiu clases no ensino secundario e superior e tamén no cárcere. É autor de varias novelas, pero entre as súas obras figuran tamén relatos, guións de cine e televisión, ensaios e teatro. Entre outros galardó

J. M. Coetzee (Cidade do Cabo, 1940) educouse en Sudáfrica e nos Estados Unidos. É profesor de literatura, tradutor, lingüista, crítico literario e un dos escritores máis importantes e premiados de Sudáfrica. En 1974 publicou a súa primeira novela, Terras de penumbra. Coas dúas seguintes, No medio de ningures

Joël Egloff (Moselle, Francia, 1970) é guionista de cine e axudante de dirección audiovisual. En 1999 publicou a súa primeira novela, Edmond Ganglion & fils, coa que conseguiu o premio Alain-Fournier. Despois virían Os asollados e outras cinco novelas que o consagrarían como referente da narrativa francesa actual, de humor

William Erwin Eisner naceu o 6 de marzo de 1917 en Brooklyn, Nova York. Cando morreu, o 3 de xaneiro de 2005, debido a complicacións tras unha operación a corazón aberto, Eisner era recoñecido internacionalmente como un dos xigantes no campo da arte secuencial, termo cuñado por el. Nunha carreira

Péter Farkas (Budapest, 1955) deixou o seu país en 1982 e mudouse a Alemaña, onde foi o promotor de diversas iniciativas culturais, como a fundación da editorial Verlag IL. Nesta época escribiu para diversos xornais e publicacións. Inaugurou a súa carreira literaria a novela Rede, coa que obtivo en

Francis Scott Fitzgerald (1896-1940) é un dos integrantes da chamada Xeración Perdida americana, da que tamén forman parte novelistas como William Faulkner, John Steinbeck e Ernest Hemingway. En 1917 Fitzgerald enrolouse no exército, onde escribiu Neste lado do paraíso (1920), novela que o faría millonario. A súa vida estivo

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029