Ñ

Aquí podes atopar todos os autores do noso fondo vivo por orde alfabética.

Atopa o teu autor favorito

Podes buscar por nome...

Chinua Achebe foi un novelista, poeta e crítico literario, que naceu no ano 1930 en Ogidi, unha vila de etnia ibo no sueste de Nixeria, e que forma parte da primeira xeración de intelectuais que foron educados na súa patria. Estudou Literatura na Universidade de Ibadan, e traballou durante anos na Radiotelevisió

Chimamanda Ngozi Adichie (Abba, Nixeria, 1977) pasou a maior parte da súa vida nun campus universitario, primeiro no seu país natal e logo nos Estados Unidos. No 2003, mentres estudaba en Connecticut, publicou a súa primeira novela, O hibisco púrpura, moi ben acollida pola crítica. Por el recibiu non só

Anna Akhmátova forma parte da brillante pléiade de poetas rusos que conforman o chamado “Século de Prata”, entre os que se atopan autores como Alexánder Blok, Innokenti Annenski e Nikolai Gumiliov, entre outros. Foi este último, primeiro marido da autora, o que impulsou o movemento acmeísta, vangarda coa que Akhmá

Alaa Al Aswany (O Cairo, 1957) compaxina a literatura co exercicio da odontoloxía e co activismo a prol dos dereitos humanos. Membro fundador de Kefaya e intelectual de grande prestixio internacional, desempeñou un importante papel na oposición ao réxime político de Hosni Mubarak. En 2002, O edificio Yacoubian brindoulle un é

A Shalom Auslander (Monsey, New York, 1970) criárono cun terrible respecto por Deus. Na adolescencia seguiu crendo, e tal vez por iso comezou a provocar voluntaria e indiscriminadamente a cólera divina, moi similar á do seu propio pai. Nin sequera a súa estadía en Israel conseguiu devolvelo ao rego. Agora que é adulto

Alessandro Baricco naceu en Turín en 1958. Actualmente vive en Roma. É autor de cinco novelas (Castelli di rabbia, Oceano mare, Seda, City, Senza sangue, Questa storia) dous textos teatrais (Novecento, Davila Roa) e dous libros de ensaio (Il genio in fuga, L’anima di Hegel e le mucche del Wisconsin) ademais da adaptació

Julian Barnes (Leicester, Reino Unido, 1946) é un dos escritores máis recoñecidos da literatura británica contemporánea. Autor de dez novelas, entre as que se contan Metroland, Flaubert’s parrot, England, England e Love Etc, tamén cultivou o relato curto (Cross Channel e The Lemon Table), así como o ensaio e

Alan Bennett (Leeds, 1934) é un autor difícil de clasificar, xa que a súa prolífica produción inclúe series e programas de televisión, guións para películas de cine, obras de teatro, xornalismo e, dende hai unha década, tamén prosa. Recoñecido mestre do monólogo en televisió

Giovanni Boccaccio (Italia, 1313-1375), fillo dun mercader e banqueiro florentino, foi enviado a Nápoles, onde, ante a súa ineptitude para os negocios, adquiriu unha sólida formación literaria e ficou impresionado polo ambiente refinado e voluptuoso da corte dos Anjou. É neste contexto de intrigas cortesás no que se situaría

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029