M

Aquí podes atopar todos os autores do noso fondo vivo por orde alfabética.

Atopa o teu autor favorito

Podes buscar por nome...

Thomas Mann (Lübeck, 1875 – Zúrich, 1955) foi unha das figuras centrais da Alemaña do século XX, unha persoa complexa, un artista sen apenas parangón e un burgués atípico sen cuxa peripecia –a dun conservador que evolucionou, tras a Gran Guerra, cara á socialdemocracia e o antifascismo– os europeos

Katherine Mansfield Beauchamp (Wellington, 1888 – Fontainebleau, Francia, 1923) é a autora neocelandesa máis internacional. Escribiu relatos, poesía, diarios e críticas. Foi unha rebelde que viviu intensamente os seus 34 anos, nunha época en que os roles de xénero experimentaron un cambio radical. En 1911 publicou a súa primeira escolma de

Sándor Márai naceu en 1900 na cidade húngara de Kassa (actualmente Kosice, Eslovaquia). De familia burguesa, en 1918, trasládase a Budapest e despois a París e Alemaña, onde estuda xornalismo. Tras a ocupación soviética de Hungría, abandona definitivamente o seu país, onde o réxime

Diego Marani naceu en Ferrara (Italia) en 1959. Traballa como unha columna para un xornal suízo sobre a actualidade en europanto, unha lingua que el mesmo inventou. Neste mesmo idioma publicou unha colección de relatos: Las adventures des inspector Cabillot. Ten publicadas oito novelas en italiano.Nova gramática finesa (2000) é a primeira

Stefano Marelli (1970) é un escritor e xornalista suízo. Traballou nunha gasolineira, de caseiro e de xornalista. Entre un emprego e outro, permitiuse un longo periodo de vagabundaxe en América Latina. Debutou na literatura no 2013 coa novela Outras estrelas uruguaias, aclamada pola crítica como unha obra mestra. Entre os premios recibidos polo

Scott McCloud (Massachussetts, 1960) leva dende os 24 anos achegando aire fresco á banda deseñada estadounidense. Xa daquela, nunha época dominada polos cómics violentos e escuros, estreouse coa colorida Zot!, unha das primeiras obras influenciadas polo manga xaponés no seu país e protagonizada por un heroe procedente dun mundo paralelo no que

Carson McCullers (Columbus, Georgia 1917 – Nyack, Nova York 1967) é considerada unha das voces máis importantes da literatura norteamericana do século XX. Con 22 anos escribe a súa primeira novela, The heart is a lonely hunter, que é tamén a súa obra máis coñecida e que, canda Reflections in a

Caitlin Moran (Brighton, 1975) é a maior de oito irmáns e comeza a ler libros feministas para demostrarlle cientificamente ao seu irmán Eddie que é superior a el. Aos quince anos escribe o seu primeiro libro e fai os seus primeiros amigos; aos dezaseis anos comeza a traballar na redacción da revista Melody Maker

Christopher Morley naceu en 1890 en Bryn Mawr (Pensilvania). O seu pai era profesor de matemáticas e a súa nai, unha violinista que lle inculcou o amor pola literatura e a poesía. Morley comezou a escribir na universidade, colaborando no seu xornal e creando guións para o obradoiro de teatro. Publicou

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029