K

Aquí podes atopar todos os autores do noso fondo vivo por orde alfabética.

Atopa o teu autor favorito

Podes buscar por nome...

Vladímir Kaminer (Moscova, 1967) chegou en 1990 a Berlín –daquela, aínda a capital da RDA–, onde recibiu “asilo humanitario”, e esta cidade converteuse na súa nova patria. Formado como enxeñeiro de son para o teatro e a radio, e despois como dramatugo no Instituto de Teatro de Moscova, durante bastantes

O escritor e pensador de orixe xudía André Kaminski (Xenebra, 1923) doutorouse en Filosofía, foi guionista de televisión, autor de pezas de teatro e reporteiro. Ademais de ser un estudoso da historia da igrexa, escribiu as novelas Kith e Kin, O ano que vén en Xerusalén e Kiebitz, onde narra

Konstantinos Petrou Kavafis naceu e morreu en Alexandría (Exipto), cidade da que só se ausentou durante dúas estancias en Inglaterra e en Constantinopla. Visitou Grecia só en dúas ocasións, mais Grecia foi, de certo, a patria do seu corazón, e o grego, a súa lingua poética. Pode dicirse

Hiromi Kawakami (Toquio, 1958) é unha das escritoras máis populares e respectadas do seu país, amais de crítica literaria e ensaísta. Formada no eido das ciencias, a súa vida como profesora de Bioloxía mudou a partir da publicación do seu primeiro libro en 1994: unha colección de relatos

Aleksis Kivi (Nurmijärvi, Finlandia, 1834-1872) foi un dos primeiros e mellores autores de prosa e lírica en finlandés, nun tempo no que a maioría da literatura do seu país procedía de autores suecofalantes. En 1846 trasladouse a Helsinki, e máis tarde estudou literatura na universidade da capital.

Dezső Kosztolányi (1885-1936) foi poeta, ensaísta, narrador e tradutor (entre outros, de Shakespeare, Wilde, Rilke, Goethe, Baudelaire, Verlaine e Maupassant). Publicou cinco libros de poemas, catro novelas e dous volumes de relatos, dos que proceden os contos aquí escolmados. Kosztolányi é o grande escritor húngaro do século XX e probablemente

O éxito inmediato da novela Tango satánico (1985) sitúa a László Krasznahorkai (Gyula, 1954) na primeira liña da literatura húngara. Seguindo a súa primeira saída da Hungría comunista en 1987 a Berlín Oeste, e tras o cambio de réxime, reside en países tan dispares

Agota Kristof naceu en 1935 en Csikvánd, Hungría. En 1956 exiliouse a Suíza, onde traballou como obreira nunha fábrica antes de comezar a escribir en francés, a súa lingua de adopción. Autora de pezas de teatro que se estreaban en cafés ou se retransmitían pola radio,

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029