novidades

coleccións

autores sobre nós


Campo Táboas, Tamara

Tamara Campo Táboas nace en Mos (Pontevedra) en 1989. Comeza a súa formación en arquitectura na Universidade da Coruña, estudos que complementa co Grao en Conservación e Restauración de Bens Culturais pola ESCRBCG.

É esta vinculación coa conservación do patrimonio a que a leva paralelamente a realizar diferentes actividades vencelladas á difusión desta disciplina en xeral e do patrimonio industrial en particular. A súa investigación sobre a cantaría local do municipio de Moaña, no cal reside, resulta merecedora do Premio de Investigación Buxa 2015, concedido pola Asociación Galega de Patrimonio Industrial, e publicada baixo o título As canteiras de Moaña e outras xeiras.

Do mesmo xeito culmina a súa formación efectuando prácticas en empresas galegas do sector e no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.


Obras de Campo Táboas, Tamara


As canteiras do litoral moañés




Aviso legal e política de privacidade