novidades

coleccións

autores sobre nós

A taberna do Mascato Negro

Con 18 anos, Mario embarca por primeira vez no buque conxelador Praia de Oza, que vai faenar ás augas de Terranova. O barco naufraga e, sen saber como, Mario esperta nunha praia onde atopa a solitaria taberna O Mascato Negro. Entra para buscar axuda e descobre que alí vive un grupo de mariñeiros á espera de que algo suceda para poder fuxir da taberna e da praia. Mario tamén ten que agardar, e mentres o tempo pasa vai coñecendo as historias dos demais mariñeiros.

A taberna do Mascato Negro pódese considerar un libro de contos ou unha novela. Nas súas páxinas está presente a fantasía de relatos mariñeiros e a realidade máis dramática do mar, así como a paixón polo mundo do mar e a vidas das xentes mariñas.

Á venda a partir do 17 de abril.

            

Rivadulla Corcón, X. H.

ISBN: 978-84-15166-79-5
Nº Páxinas: 122
Ano: 2020
Formato: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 15,00 €
                              





Aviso legal e política de privacidade