novidades

coleccións

autores sobre nós

Abecedario de Ricardo Carvalho Calero

O Abecedario de Carvalho Calero é, basicamente, un vocabulario literario do autor. Esta obra ofrece claves para comprender dun xeito ameno e pedagóxico o grande intelectual galego. A lectura deste manual non se rexe conforme a pautas cronolóxicas ou temáticas, senón por algunhas acepcións ordenadas alfabeticamente que o lector ou lectora ha de procurar a eito e aleatoriamente entre aqueles conceptos que considere oportuno, seguindo a curiosidade ou o azar ao ritmo marcado polas propias palabras recompiladas.

Os trazos máis salientábeis deste persoeiro aparecen reflectidos nas máis de cincuenta voces recollidas neste volume.

Á venda a partir do 22 de novembro de 2019.

            

Fernández Lorenzo, Rafael

ISBN: 978-84-15166-78-8
Duración: 106
Ano: 2019
Formato: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 14 €
                              





Aviso legal e política de privacidade