Un día na vida de Iván Denísovich

Solzhenitsyn, Aleksandr

Un día na vida de Ivan Denisovich

ISBN: 978-84-92866-54-0

Nº páxinas: 168

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 215 mm

PVP: 16,90 €

Tradución do ruso de Martin Andor

Iván Denísovich, un humilde labrego, é un dos millóns de cidadáns que, sen saber ben como nin por que, acaban nos campos de traballos forzados soviéticos como presos políticos. Acusado de ser espía tras escapar do cativerio alemán durante a guerra, Iván Denísovich é condenado a dez longos anos en Siberia. Aprenderá deseguida a arte da supervivencia e dará testemuño de que nin sequera a crueldade daquelas condicións pode crebar a unha persoa honesta e espelida.

Este minucioso retrato da vida cotiá dos campos penitenciarios, infundido dunha poderosa mensaxe humanista, abraiou a sociedade soviética, por primeira vez publicamente confrontada coa realidade da represión stalinista. O seu mérito literario foi recoñecido internacionalmente coa concesión en 1970 do Premio Nobel ao seu autor. Un día na vida de Iván Denísovich é merecidamente considerado un clásico do século XX.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029