Pyongyang

Delisle, Guy

ISBN: 978-84-92866-96-0

Nº páxinas: 184

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 160 x 230 mm

PVP: 18 €

Tradución do francés de Belén Poutón

Pyongyang ofrece unha ollada persoal, intelixente e irónica sobre un dos países máis herméticos e tiránicos do mundo: Corea do Norte. O traballo de Guy Delisle nun estudio de animación lévao a vivir experiencias que só alí poden ser cotiás: moverse baixo constante vixilancia, iniciar debates estériles sobre a liberdade ou converterse facilmente en alguén “contrarrevolucionario”.

Unha testemuña de luxo para retratar como cobra vida a distopía de Orwell en 1984, nunha sociedade submisa rendida á propaganda frenética dun poder paranoico.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029