Outras estrelas uruguaias

Marelli, Stefano

Outras estrelas uruguaias

ISBN: 978-84-92866-77-9

Nº páxinas: 202

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 215 mm

PVP: 17 €

Tradución do italiano de Moisés Barcia

Sauro, exturista, sobrevive en Suramérica grazas a un traballo que non lle permite regresar á casa. Nunha vila amazónica coñece a El Brujo, un vello que lle conta a súa historia chea de aventuras.

Baixo a súa roupa fedorenta, Nesto Bordesante, un uruguaio que pasou a súa infancia nun orfanato e a súa adolescencia na pampa, convértese en futbolista. Grazas ao apelido italiano que lle roubou ao seu mellor amigo, forma parte do equipo formado por Mussolini e convértese nun instrumento de propaganda do réxime. Tras a caída do duce, terá que comezar dende cero. Porén, os xogos de azar e unha moral cuestionable méteno en problemas. Nesto aproveita unha volta do destino e ponse a salvo. Todo o mundo o cre morto, pero el inventa unha nova vida na sombra.

Un relato sorprendente que combina historia, deporte e política.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2015.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029