Os ditosos anos do castigo

Jaeggy, Fleur

Os ditosos anos do castigo

ISBN: 978-84-92866-62-5

Nº páxinas: 98

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 215 mm

PVP: 14 €

Tradución do italiano de Cristina González Piñeiro

No Bausler Institut, internado feminino situado no cantón suízo de Appenzell, pasa a protagonista desta historia a súa infancia e parte da súa xuventude. A aquel ambiente represivo e enfermizo chega un día Frédérique, unha rapaza diferente que a atrae e a desconcerta. Fleur Jaeggy asómanos á ventá dese lugar estraño cunha prosa lacónica, que cala e suxire, e que nos atrapa nesta historia de erotismo velado, sentimentos calados, soidade e loucura.

Os ditosos anos do castigo (1989) recibiu o prestixioso Premio Bagutta en 1990 e é a primeira obra de Jaeggy vertida ao galego.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029