Oito minutos

Farkas, Péter

Oito minutos

ISBN: 978-84-92866-37-3

Nº páxinas: 92

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 215 mm

PVP: 14 €

Tradución do húngaro de Sergio de la Ossa e Veronika Gergely

Se o Sol morrese de súpeto non nos dariamos conta de nada até que pasasen oito minutos, xa que ese é o tempo que tardan os seus raios en chegar á Terra. Os dous personaxes desta novela curta –dous vellos: un home e unha muller– realizan os seus exercicios de preparación para a morte, que teñen como centro non a morte, senón o amor: a única cousa que sobrevive e pode sobrevivir á lenta decadencia do corpo e do espírito, á descomposición da carne.

Nunha linguaxe que alterna entre as crúas descricións que retratan o fracaso do corpo, a aguda introspección no proceso de gradual baleirado da mente e a poética lucidez que acompaña as inmersións no subconsciente, Péter Farkas achéganos en 35 imaxes que se iluminan e escurecen lentamente ás vidas cotiás dos dous vellos, vidas rexidas por leis propias, á marxe do tempo e do espazo determinables e medibles cos instrumentos comúns.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029