O sentido dun final

Barnes, Julian

O sentido dun final

ISBN: 978-84-92866-42-7

Nº páxinas: 164

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 215 mm

PVP: 16,90 €

Tradución do inglés de Xesús Fraga

Tony Webster e os seus amigos coñeceron no colexio a Adrian Finn e axiña quedaron cativados polo seu enxeño e a súa profundidade filosófica. Eran días nos que o tempo semellara detido e os inmobilizara nunha burbulla inflamada co seu desexo de acceder á vida adulta para gozala segundo os ditados da súa imaxinación, alimentada de soños e lecturas. A vida conduciunos por camiños tan diverxentes ata converter en imposible a promesa de amizade eterna que se fixeran ao saír do colexio. A Tony, a vida deulle unha existencia pacífica e convencional, na que as arelas aventureiras da xuventude deron paso á conformidade e un plácido retiro. Pero a chegada inesperada dunha carta obrigarao a revisar o seu pasado e cuestionarse se a versión que se contou a si mesmo durante tantos anos non é tan fiel aos feitos como el cría.

O sentido dun final é un incisivo exame das zonas de sombra da memoria e a fraxilidade das aspiracións, do valor da amizade e do compromiso, ademais da impredecible natureza do amor e os afectos, a cargo dun inesquecible personaxe.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029