O cuarto de invitados

Garner, Helen

O cuarto de invitados

ISBN: 978-84-92866-64-9

Nº páxinas: 146

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 215 mm

PVP: 16 €

Tradución do inglés de Moisés Barcia

Helen, unha muller madura e independente, prepara coidadosamente o seu cuarto de invitados para a súa amiga Nicola. Ao longo das tres próximas semanas, mentres Nicola segue un tratamento alternativo que cre que curará o seu avanzado cancro, Helen convértese na súa coidadora, na súa asistente, no seu anxo da garda e nunha xuíza implacable. A anfitrioa tentará ofrecerlle o seu apoio incondicional, pero non poderá disimular o rexeitamento pola solución que elixe a súa amiga.

O cuarto de invitados explora os límites das relacións persoais, os sacrificios da amizade ou a responsabilidade que ten unha persoa sobre un ser querido. Todo isto tratado con profundidade, intelixencia e humor.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029