Mexillóns para cear

Vanderbeke, Birgit

Mexillóns para cear

ISBN: 978-84-92866-07-6

Nº páxinas: 98

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 215 mm

PVP: 14 €

Tradución do alemán de Eva Almazán

A narradora, seu irmán e súa nai agardan polo pai, que está para chegar dunha viaxe de negocios. Como marca a tradición familiar, han celebrar o regreso paterno ceando mexillóns. Os tres amáñano todo igual ca sempre; os tres saben perfectamente como lle gusta ao pai que se fagan as cousas, e máis lles vale. Mais pouco e pouco comprenden que esa noite non vai ser coma as de sempre, pois pasan as horas e o pai non dá chegado.

Cun monólogo de longas frases en espiral, invitación continua a ler entre liñas, Vanderbeke presenta un retrato de familia que na súa brevidade lle regala ao lector a posibilidade de emprender múltiples interpretacións, desde a reflexión estética á denuncia política, pasando polo estudo psicolóxico e social.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029