Kalevala

Lönnrot, Elias

ISBN: 978-84-92866-97-7

Nº páxinas: 430

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 145 x 220 mm

PVP: 24 €

Tradución do finlandés de Tuula Ahola e Tomás González Ahola

O Kalevala é a “epopea nacional finlandesa” compilada por Elias Lönnrot, marcada coma un fito da literatura finesa e como un dos grandes traballos en verso da literatura universal. A primeira edición do Kalevala publicouse en 1835, tras viaxar o seu compilador por todo o país recollendo pezas folclóricas finlandesas entre 1828 e 1834. Cando se publicou esta obra, Finlandia era un gran ducado autónomo, pero ata 1809 fora parte do Reino Sueco. Deste xeito, o Kalevala converteuse nun símbolo da cultura, lingua e do pasado de Finlandia e contribuíu a construír a identidade do país.

Tras a primeira edición do Kalevala, Lönnrot recolleu máis de 130 000 versos de poesía e a partir da edición anterior incorporou estes versos e publicou un Novo Kalevala, con data de 1849, que é a obra que os finlandeses len na escola e a base para a maioría das 60 traducións existentes desta obra.

A lenda, o mito e a evocación poética enlázanse perfectamente no Kalevala, erixindo un mundo habitado por heroes de carne e óso, que oscilan entre o humano, o divino e o esperpéntico. Por iso os actos dos personaxes do Kalevala están ateigados de extravagancias e deslices humanos.

En Finlandia, mesmo existe un Día Kalevala, que se celebra o 28 de febreiro, dende 1865, na Universidade de Helsinki, e dende 1978 recoñécese como un festivo nacional, para render tributo a esta obra cume da mitoloxía e do folclore do país.

A tradución ao galego da obra Kalevala é unha iniciativa ambiciosa pero necesaria para conectar a nosa cultura coa do Norte de Europa, xa que ata agora non existía ningunha edición no noso idioma.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029