Infancia

Coetzee, J. M.

Infancia

ISBN: 978-84-92866-50-2

Nº páxinas: 188

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 215 mm

PVP: 17 €

Tradución do inglés de Rafael Salgueiro

John é un neno de dez anos que vive en Worcester, unha pequena localidade ao norte de Cidade do Cabo, cunha nai pola que sente un complexo amor-odio, un irmán pequeno e un pai que detesta. Na escola é o primeiro da clase, un alumno modélico; na casa, un pequeno déspota.

O medo, a vergonza e o engano que o atormentan en Worcester contrastan coa liberdade e paixón que sente pola granxa familiar, Voëlfontein, e polo veld, a chaira surafricana erma e inhóspita.

J. M. Coetzee guía con man sobria e elegante esta viaxe polo seu intenso mundo interior, e fai unha afinada composición do tempo e do lugar que lle tocou vivir na Suráfrica da década dos cincuenta. Infancia é o primeiro dos tres volumes da triloxía de memorias ficticias do Nobel de Literatura, que continuará con Mocidade e Verán.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029