Goražde, zona segura

Sacco, Joe

Gorazde

ISBN: 978-84-92866-49-6

Nº páxinas: 240

Encadernación: Rústica

Medidas: 160 x 240 mm

PVP: 19 €

Tradución do inglés de Rafael Salgueiro

Entre finais de 1995 e principios de 1996, o debuxante/xornalista Joe Sacco viaxou catro veces a Goražde, unha zona segura designada pola ONU durante a guerra de Bosnia que levaba tres anos e medio cambaleando no bordo da aniquilación total. Aínda rodeada de forzas serbo-bosnias, a poboación de Goražde, eminentemente musulmá, soportara duros ataques e privacións para continuar na súa vila mentres no resto de Bosnia oriental facían unha “limpeza” brutal da súa poboación non serbia. Pero así como Goražde, zona segura é un relato dun asedio terrible, tamén presenta unha instantánea de persoas que lentamente se permitían a si mesmos crer que a guerra estaba rematando e que sobreviviran.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029