Diálogos de mortos. Diálogos mariños

Samósata, Luciano de

ISBN: 978-84-92866-84-7

Nº páxinas: 152

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 145 x 220 mm

PVP: 15 €

Tradución do grego antigo de Teresa Amado

Os Diálogos de mortos trasládannos ao Hades, onde comparten espazo personaxes históricos, heroes mitolóxicos e xentes descoñecidas que responden á caracterización de tipos: avarentos, parasitos ou cazafortunas. Alí todos poden constatar a incuestionable realidade de que a morte iguala a todos, pois no mundo do máis alá as diferenzas que marca a fortuna, a posición social, ou as calidades persoais desaparecen e tan só quedan caveiras e ósos pelados, evidencia da inutilidade dos traballos pasados en vida. Pero os máis dos humanos non son conscientes disto e pretenden reproducir os seus esquemas vitais na existencia post mortem. Cando as divindades infernais os instrúen nas leis que funcionan alí, xorde un sentimento de perplexidade e ás veces unha rebeldía que dura pouco, e os mortos, outrora privilexiados, comezan a súa dura adaptación a unha nova realidade igualadora sen ningunha das prebendas anteriores.

Nos Diálogos mariños os interlocutores son divindades vencelladas coas augas, ninfas, ríos, tritóns e por suposto Posidón, cuxas historias tradicionais se manipulan de maneira cómica. Céntranse case todos nas súas aventuras amorosas, destacando os aspectos máis ridículos, pero en ton amable e lixeiro, sen crítica, simplemente como unha rexouba inocente de amigos nun ambiente bucólico que só pretende arrincar un sorriso.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2016.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029