Contos da era do Jazz

Fitzgerald, Francis Scott

ISBN: 978-84-92866-20-5

Nº páxinas: 304

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 216 mm

PVP: 20,50 €

Tradución do inglés de Rafael Salgueiro

O jazz é a música que sempre soa de fondo nas novelas e relatos de Francis Scott Fitzgerald. É o ritmo dos decadentes anos 1920, unha época que o autor definiu como a Era do Jazz. Nesta atmosfera móvense os heroes e as heroínas dos seus relatos, seres que destacan pola súa atractiva personalidade e por estaren absolutamente condenados. Son personaxes que, antes de apagarse para sempre, refulxen por un intre con grande intensidade.

Dono dunha prosa exquisita e un estilo sedoso, Fitzgerald escribiu máis de 150 contos ao longo da súa vida, pero só reuniu en forma de libro unha terceira parte deles. Este volume inclúe relatos como “O curioso caso de Benjamin Button”, que coñeceu en 2008 unha versión cinematográfica dirixida por David Fincher, e tamén o que está considerado como o seu mellor conto: “O diamante tan grande coma o Ritz”.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029