Como ser muller

Moran, Caitlin

ISBN: 978-84-92866-91-5

Nº páxinas: 344

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 215 mm

PVP: 20 €

Tradución do inglés de Moisés Barcia

Vivimos no mellor momento da Historia para ser muller: temos dereito ao voto e á pílula, e dende 1727 xa non nos mandan á fogueira por bruxas. Porén, aínda quedan moitas preguntas por responder: para que depilar as inguas? Deberiamos usar bótox? Ódiannos os homes en segredo? E por que todo o mundo pregunta cando vas ter un fillo?

Moran aborda con intelixencia, sen tabús e cun gran sentido do humor cuestións do día a día na vida das mulleres, dende o seu punto de vista como feminista e filla dunha familia numerosa e proletaria.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2016.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029