Cantar de Valtario

Anónimo

cub_valtario_web_ok

ISBN: 978-84-92866-83-0

Nº páxinas: 100

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 145 x 220 mm

PVP: 14 €

Tradución do latín de Maite Jiménez Pérez

O Cantar de Valtario é unha das máis grandes obras da literatura latina medieval. Conta as fazañas de Valtario de Aquitania, heroe godo do reino de Tolosa. O máis importante desta obra non é a historia épica que relata, senón o ambiente e o ton máxico no que está envolta.

A partir da materia heroica xermánica, entre os séculos IX e X e nalgún mosteiro do imperio carolinxio, componse o Waltharius, un breve poema épico en latín de 1456 elegantes hexámetros que fan resoar outra vez a Eneida de Virxilio para narrar a aventura de Valtario de Aquitania.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029