Beowulf

Anónimo

ISBN: 978-84-92866-17-5

Nº páxinas: 166

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 145 x 220 mm

PVP: 18 €

Tradución do anglosaxón e introdución de Jorge L. Bueno Alonso

Cae a noite sobre Heorot, a corte de Hrothgar, rei dos daneses. Na casa de altos tellados, cada vez que os nobres daneses se reúnen para beber cervexa e soa música, aparece o monstro Grendel e devora moitos guerreiros. Estes ataques prolónganse durante anos, ata que o relato dos feitos chega a oídos de Beowulf, un heroe que pon proa cara á corte do rei con catorce homes. Tras un duro combate, Beowulf vence ó monstro, quen foxe ferido de morte. A alegría volve á corte do rei, pero só por unhas poucas horas, xa que á noite seguinte Beowulf deberá enfrontarse á nai de Grendel, que aparece sedenta de vinganza. É o máis antigo dos poemas épicos ingleses. Aparece nun manuscrito que data do século XI, pero polos feitos que narra parece que foi composto arredor do século VI, no período coñecido como o das invasións bárbaras.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029