A discoteca rusa

Kaminer, Vladímir

A discoteca rusa

ISBN: 978-84-92866-13-7

Nº páxinas: 160

Encadernación: Rústica con lapelas

Medidas: 135 x 215 mm

PVP: 14 €

Tradución do alemán de Fernando de Castro García

Ós personaxes das historias d’A discoteca rusa non lles faltan recursos á hora de sobrevivir nesa xungla que pode chegar a ser Berlín. Quen vén a esta cidade faino cunha historia detrás e cunha chea de soños e esperanzas, que para algúns se cumpren e para outros non. Nas páxinas deste libro o autor cóntanos, por exemplo, como seu pai se emperrou en sacar o carné de conducir malia o pánico que lles provocaba, un tras outro, ós profesores da autoescola, ou como os vietnamitas agachan os cartóns de tabaco en gabias na rúa, para perdelos co primeiro ballón que cae… En resumidas contas, un universo de personaxes e historias surrealistas…

Podes visualizar aquí a guía de lectura.

CONTACTA CON NÓS

Se tes algo que contarnos, propoñernos ou compartir con nós, non o dubides e contacta.

a nosa oficina

avenida de vigo, 103, galerías

36940 - cangas do morrazo

teléfono

+34 986 168 028

+34 986 168 029