Roman Schatz

Roman Schatz (© Oliver Neidhart)

Roman Schatz naceu en 1960 na Alemaña Occidental pero, como el mesmo di neste libro, namorou perdidamente dunha finlandesa e marchou para o país ártico aos vinte e seis anos.

Dende a súa chegada a Finlandia, dedicou gran parte da súa carreira a divulgar por Europa adiante, e especialmente polo seu país natal, os distintos aspectos da cultura e a lingua finlandesas. Tradutor e xornalista, ten unha longa carreira nos medios de comunicación do seu país de acollida, onde colaborou en múltiples programas de televisión e onde conduce o seu propio programa de radio dende 2013. Dende Finlandia con amor, publicado en 2005 nunha edición bilingüe inglés-finlandés, foi o seu primeiro libro.

Publicacións creadas 2

Comece a escribir o seu termo de procura arriba e presione enter para buscar. Presione ESC para cancelar.

Volver ao inicio