Unha vida enteira

TRADUCIÓN DENDE A VERSIÓN EN CASTELÁN DE MOISÉS BARCIA

Andreas Egger chega de neno aos Alpes austríacos, onde o acolle unha familia de labregos. Co tempo, convértese nun home de poucas palabras que traballa na construción do teleférico. O amor da súa vida, Marie, falece axiña, embarazada do seu primeiro fillo, e Andreas deixa o val para loitar na Segunda Guerra Mundial, onde é tomado como prisioneiro no Cáucaso. Á súa volta, o “progreso” cambiara mesmo o seu remoto paraíso.

Un libro sobre a vida sinxela e a procura da dignidade e da beleza na soidade.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2017.

ISBN: 978-84-17388-08-9
Nº páxinas: 110
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 15 €