Tres días e unha vida

TRADUCIÓN DO FRANCÉS DE MOISÉS BARCIA

A finais de decembro de 1999, unha sorprendente serie de sucesos tráxicos abateuse sobre Beauval, o máis importante dos cales, sen dúbida, foi a desaparición do neno Rémi Desmedt.

Nesa rexión cuberta de bosques e dominada por ritmos lentos, a súbita desaparición deste cativo provocou estupor e mesmo foi considerada por moitos dos cidadáns como o presaxio de catástrofes futuras.

Para Antoine, que estivo no centro deste drama, todo comezou coa morte do can Ulises.

Cunha prosa rica e que mantén a tensión, Lemaitre elabora unha historia de suspense que convida a reflexionar sobre a cara máis sombría do ser humano, cun personaxe vítima da súa propia culpabilidade.

Podes ler as primeiras páxinas do libro aquí.

Esta obra recibiu unha axuda da Secretaría Xeral de Cultura, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, na convocatoria de axudas para a tradución do ano 2018.

ISBN: 978-84-17388-20-1
Nº páxinas: 236
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 18 €