Thomas Mann

Thomas Mann (Lübeck, 1875 – Zürich, 1955) foi unha das figuras centrais da Alemaña do século XX, unha persoa complexa, un artista sen apenas parangón e un burgués atípico sen cuxa peripecia –a dun conservador que evolucionou, tras a Gran Guerra, cara á socialdemocracia e o antifascismo– os europeos dificilmente darían entendido o seu devir.

Mentres reprimía a súa homosexualidade, Thomas Mann fundou unha familia –na cal destacarían os fillos Erika, Klaus e Golo– e escribiu unha impresionante obra literaria, merecedora do Premio Nobel de Literatura (1929): Os BuddenbrookAlteza realA montaña máxicaO doutor FaustusConfesións do estafador Felix Krull.

A morte en Venecia