Stefano Benni

Stefano Benni (Boloña, 1947) é o escritor vivo máis popular de Italia. Como autor destaca pola súa heteroxeneidade, con numerosas obras de poesía, relatos, artigos, novela ou teatro.

Moitos dos seus libros cobraron vida no cine e no teatro. A súa coherencia política levouno a rexeitar o Premio Nacional Vittorio de Sica en protesta contra os recortes á cultura e á educación do goberno italiano. As súas novelas son unha sátira do mundo capitalista e da sociedade italiana actual. O seu estilo incorpora gran cantidade de xogos de palabras, neoloxismos e parodias dos máis variados xéneros e autores.

Margherita Dolcevita