Soseki Natsume

Soseki Natsume, pseudónimo literario de Kinnosuke Natsume, naceu en 1867 no seo dunha familia de samurais en decadencia. Cando tiña dous anos, os seus pais dérono en adopción a un dos seus serventes. Estudou lingua inglesa na Universidade de Toquio e tras graduarse comezou a traballar como mestre. En 1900 estableceuse en Inglaterra cunha bolsa do goberno xaponés, pero levou unha vida de miseria. Á súa volta ao Xapón, deu clases na universidade e comezou a publicar novelas: Eu, o gato, A torre de Londres e Botchan, obra que o levaría á fama. Escribiu catorce novelas ao longo da súa vida.

Botchan