Rinoplan de continxencia

Ante a situación actual de estado de alarma e crise polo Covid-19, ofrecemos unha serie de recursos para que quedar na casa sexa máis levadeiro. Iremos publicando diferentes ofertas, así que prestade atención!


Mércores 1 de abril: Se tes algún aniversario próximo ou simplemente queres agasallar alguén cun libro (ou varios) de Rinoceronte ou Sushi Books, escríbenos a info@rinoceronte.gal e recibirás toda a información sobre como facelo (para recibilo cando todo isto remate, claro). E namentres, enviarémoslle unha postal electrónica personalizada, deste tipo:


Luns 30 de marzo: Para arranxar un pouco este luns tan… luns, compartimos con vós o audiolibro de Botchan, de Natsume Soseki, locutado tamén por Santiago Cortegoso. Seguro que vos alegra o día!

Capítulo 1

Capítulo 2

Capítulo 3

Capítulo 4

Capítulo 5

Capítulo 6

Capítulo 7

Capítulo 8

Capítulo 9

Capítulo 10

Capítulo 11


Luns 23 de marzo: Son tempos para refuxiarse nos clásicos. Raúl Gómez Pato, coordinador da Colección Vétera, le un extracto de Diálogos de mortos. Diálogos mariños, de Luciano de Samósata, traducido ao galego por Teresa Amado.


Venres 20 de marzo: A Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego da Asociación de Tradutores Galegos (ATG) conta cun bo número de textos literarios traducidos á nosa lingua, que se poden ler de balde na súa web. Con isto tedes para unha boa fin de semana (ou ponte, quen a teña que facer) dentro da casa.

 


Mércores 18 de marzo: Hai uns anos publicamos un delicioso libro de Karel Čapek para amantes da xardinería, titulado O ano do xardineiro. Como tamén hai que descansar a vista, deixade que volo conte Santiago Cortegoso!

0. Inicio

1. Xaneiro

2. Febreiro

3. Marzo

4. Abril

5. Maio

6. Xuño

7. Xullo

8. Agosto

9. Setembro

10. Outubro

11. Novembro

12. Decembro


Martes 17 de marzo: Coñeces o catálogo de GaliciaLe? Alí atoparás libros de ficción e non ficción, para público infantil, xuvenil e adulto, así como produtos audiovisuais en galego. Se xa te inscribiches nalgunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia, só tes que introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron no seu día (ou pedirlle ao sistema que che lembre o contrasinal, coma á maioría de nós). E se aínda non es socio/a de ningunha biblioteca, pono na túa lista de cousas que facer cando acabe o confinamento!

Entre os libros de Rinoceronte dispoñibles no catálogo atoparedes obras como O ano da lebre, de Arto Paasilinna, ou Como ser muller, de Caitlin Moran. Moi boas propostas para levantar o ánimo!



 

Luns 16 de marzo: Ofrecemos o PDF d’O Parnaso sobre rodas, de Christopher Morley, traducido por Estela Villar. Un clásico sobre o marabilloso oficio de achegar os libros á xente. Podes lelo completo aquí.