RELATOS VERÍDICOS

TRADUCIÓN DO GREGO E NOTAS DE XURXO PEREIRA E XOSÉ ABILLEIRA

Relatos verídicos ocupa un lugar destacado dentro da extensa obra de Luciano de Samósata. A obra ten un marcado carácter paródico, pois a intención do autor é entreter o lector mofándose dos autores de relatos prodixiosos e lendarios da tradición literaria grega e latina. Neste divertimento novelesco, narrado en primeira persoa, o barco no que navega Luciano chega á Lúa tras ser arrastrado por unha tempestade e viaxar polo aire durante sete días. Alí o autor válese da súa fecunda imaxinación para narrar as súas aventuras entre os selenitas. A obra tivo unha grande influencia posterior, sobre todo a partir do século XVIII, pois está na cerna da Historia cómica dunha viaxe á lúa de Cyrano de Bergerac ou As Viaxes de Gulliver de Jonathan Swift.

 

 

ISBN: 978-84-92866-15-1
Nº páxinas: 98
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 145 x 220 mm
PVP: 16 €