Pob. 1280

TRADUCIÓN DO INGLÉS DE EVA ALMAZÁN

Pob. 1.280 (1964), a última gran novela de Thompson, conxuga e refina temas, motivos e técnicas que o autor xa visitara con anterioridade. Ambientada no Sur profundo dos Estados Unidos a principios do XX, presenta unha historia narrada en primeira persoa polo seu protagonista, o shériff Nick Corey. Polo que o propio Corey nos conta, non é o shériff máis espelido –nin máis traballador– do mundo: o seu lema é mirar para outro lado e non intervir, salvo que zafarse lle resulte totalmente imposible. Máis ca impoñer a lei interésalle comer, durmir, vivir tranquilo e sacar uns cartiños en subornos á autoridade. O malo é que sempre hai quen porfía en complicarlle a vida: a harpía da muller, o cuñado deficiente mental, os proxenetas da vila, as dúas amantes, o novo candidato a shériff… As cousas vanse complicando e Corey non deixa de enredalas máis aínda, pois é máis parvo ca feito de encarga… ou quizais non?

 

ISBN: 978-84-92866-39-7
Nº páxinas: 238
Encadernación: Rústica con lapelas
Medidas: 135 x 215 mm
PVP: 18,50 €