Pico della Mirandola

Pico della Mirandola (Mirandola, 1463 – Florencia, 1494) foi un humanista e filósofo italiano. Entre 1478 e 1485 formouse nas máis importantes universidades, estudando árabe, hebreo e a Cábala, e imbuíndose dos filósofos gregos, sobre todo de Platón.

Convencido de que certo número de verdades son comúns a todas as correntes de pensamento e mesmo a todas as relixións, as súas teorías foron duramente combatidas pola xerarquía eclesiástica. Finalmente consegue o perdón do Papa no ano 1493, grazas ao novo pontífice, Alexandre VI, mais este morre un ano despois, con 31 anos, por envelenamento por arsénico.

Discurso sobre a dignidade do home (e outros textos renacentistas sobre a dignidade do ser humano)